Home
blog de Rafael Ávila Coya Below are the 50 most recent journal entries recorded in the "ravila" journal:

[<< Previous 50 entries]

11th - June - 2009
11:51 am

[Link]

Schwarzenegger quere libros copyleft en California
O estado máis rico dos EE.UU. planexa substituír os libros en papel por material didáctico libre.

O gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, lanza unha iniciativa para agrupar e revisar libros copyleft dixitais para substituír os tradicionais libros escolares nas institucións de ensino. Unha das maiores motivacións para este cambio é, unha vez máis, a actual crise económica.

Os gastos do estado con libros están entorno dos 350 millóns de dólares por ano. Con esta iniciativa calcúlase, por exemplo, un aforro de 2 millóns de dólares para un distrito de arredor de 10.000 estudantes. Segundo o sitio Ars Technica, o gasto coa educación pública representa o 40% do gasto total do estado.

Mais esta iniciativa non se xustifica só nun recorte dos orzamentos estatais. O cambio será controlado polo CLRN (California Learning Resource Network) e, polo de agora, a certificación dos textos dixitais cubrirá só algunhas áreas do ámbito científico: Xeometría, Álxebra, Trigonometría, Cálculo, Física, Química, Bioloxía e Ciencias da Terra.

Unha das vantaxes do proxecto é a posibilidade de actualizar o contido de forma máis rápida cos libros publicados en papel. Segundo o Ars Technica, hoxe o tempo medio de actualización do material didático fornecido polo estado é de seis anos. Co material dixital, ese tempo será moitísimo menor.

Aínda non foi definida a plataforma de hardware a ser utilizada nas escolas. Pode ser, por exemplo, un e-reader, un portátil ou calquera outro dispositivo axeitado.

Moita máis información na fonte de Ars Technica.

Tags:

(Deixa un comentario)

11th - May - 2009
10:15 pm

[Link]

Xa eran poucos e paríu a burra
Benedicto XVI: "Internet puede destruir el conocimiento". Pois iso: Internet é satanás.

Tags:

(2 comentarios | Deixa un comentario)

19th - April - 2009
02:04 pm

[Link]

Contra o monopolio das ideas

Mentres reparaba un Newcomer (máquina utilizada nas minas), James Watt tivo a idea de aproveitar a expansión do aire quentado polo vapor de auga para converter enerxía térmica en mecánica. Ocorreu en 1765 e, rapidamente, Watt patentou a súa idea. Os libros de historia din que a Revolución Industrial naceu aquí. Pero os economistas Michel Boldrin e David K. Levine din que o que fixo Watt, na verdade, foi adiala. Segundo eles, o escocés é só o primeiro caso dunha longa serie que amosa como as patentes non axudan á innovación, senón que a frean. (Segue lendo aquí)

Tags:

(Deixa un comentario)

12th - April - 2009
04:59 pm

[Link]

Ángeles González-Sinde(scargas) non pode ser ministra de cultura



O nomeamento de Ángeles González-Sinde como ministra de cultura é equivalente a algo así como nomear a un obispo ministro de igualdade.

Sobre as súas intencións, cómpre lembrar as seguintes perlas:

¿Para qué necesitamos todos una línea de ADSL de no sé cuantos gigas? ¿Para mandar e-mails?

Hay que seguir peleando. Peleando para que las descargas ilegales no nos hagan desaparecer, para que nuestros administradores comprendan que en el negocio de la red no pueden ganar sólo las operadoras de ADSL, mientras quienes proporcionamos los contenidos, perdemos.

En Facebook xa hai máis de 15.000 persoas no grupo contra a designación de Ángeles González-Sinde como ministra de cultura, é dicir, a un ritmo de 3.000 novos membros por día!

(Deixa un comentario)

6th - April - 2009
05:00 pm

[Link]

Brasil aforra, só en 2008, 125 millóns de euros polo uso de Sóftware Libre
O Goberno brasileiro aforrou 370 millóns de reais (algo máis de 125 millóns de euros) no último ano, polo uso de programas de Sóftware libre en dependencias e despachos oficiais, revelou hoxe o Servizo Federal de Procesos de Datos (Serpro) do Ministerio de Facenda.

A utilización de licenzas de código aberto para sistemas operativos, ofimática, navegadores de internet, programas de correo electrónico e outras aplicacións, permitiu un aforro equivalente ao dobre do investimento para o sistema de declaración de imposto da renda por internet, e a un cuarto do orzamento do propio Serpro.

O cálculo do aforro non tivo en conta o posible gasto por mantemento de programas con licenza, segundo informou o servizo de noticias estatal Axencia Brasil. A economía permitiu a instalación de 5.000 telecentros para o programa de inclusión digital.

Fonte da nova.

Tags:

(Deixa un comentario)

4th - March - 2009
07:44 pm

[Link]

Nova cara do sitio Linux.com
A Linux Foundation quere que o sitio Linux.com sexa a fonte principal de información sobre Linux, de sóftware, de documentación e respostas nos campos do servidor, computador de sobremesa/portateis, dispositivos móbiles e outras areas.

Así como acontece co mesmo proxecto Linux, Linux.com basearase na comunidade para crear contido e intercambio de opinións. Mentres a Linux Foundation fornecerá o foro colaborativo, esperan que os usuarios, os que máis saben de Linux, fornezan o contido.

Para iso, veñen de crear un foro, IdeaForge, no que aportar ideas, votalas e discutir sobre elas.

Tags:

(Deixa un comentario)

18th - February - 2009
09:56 pm

[Link]

GNU/Linux en tódalas escolas do Brasil
A empresa canadiense Userful e a brasileira ThinNetworks veñen de anunciar que foron seleccionadas para fornecer con 356.800 terminais de clientes lixeiros a todas as escolas dos 5.560 concellos que ten o Brasil.

Esta iniciativa fornecerá de acceso a un computador a millóns de cativos e adolescentes ao longo de todo o país. Este é un récord histórico en número de terminais lixeiros ata hoxe, un novo récord mundial de implantación de terminais con GNU/Linux, e tamén un récord en canto ao custo por terminal, por debaixo dos 40€.

A decisión de instalar esta solución de virtualización baseada en sóftware libre corresponde ao Ministerio de Educación do Brasil, e mostra a gobernos e institucións de todo o mundo un modelo a seguir no achegamento das novas tecnoloxías da información e do coñecemento aos seus cidadáns, usando tecnoloxías libres, económicas e máis respetuosas co meio ambente.

Alguén pode comentarlle isto a José Montilla?

Tags:

(Deixa un comentario)

11th - February - 2009
03:16 am

[Link]

AENA: So para usuarios Window$
Estaba a procurar información sobre o aeroporto de Barcelona, e cando pulsei para visionar un plano do mesmo, encontreime cunha mensaxe que dicía:

"Lamentamos no poder mostrar esta información
Para poder visualizar correctamente los planos se requiere

* Microsoft Internet Explorer
* Adobe Flash Player
* Habilitar JavaScript en su navegador"

A páxina web pertence a Aena, organismo público dependente do Ministerio de Fomento.

Como non podía ser doutro xeito, dirixinme á web dese ministerio e puxen a miña correspondente queixa no buzón de suxerencias. A queixa reza así:

Muy Sres. míos:

El día 11 de Febrero de este año, accedí a la web de Aena, organismo dependiente de su ministerio, y que tiene, como reza en el artículo 1 de su estatuto, la misión de “contribuir al desarrollo del transporte aéreo en España y garantizar el tránsito aéreo con seguridad, fluidez, eficacia y economía, ofreciendo una calidad de servicio acorde con la demanda de clientes y usuarios, en el marco de la política general de transportes del Gobierno”.

Dentro de la web de Aena, estaba interesado en obtener información sobre el aeropuerto de Barcelona. En concreto, deseaba visualizar un plano de ese aeropuerto, por lo que me dirigí al bloque "Planos de aeropuertos - (Todos los servicios del aeropuerto en los planos interactivos)" que está situado en la parte inferior derecha de la página web ( http://www.aena.es/csee/Satellite?pagename=subHome&Language=ES_ES&c=Page&SiteName=BCN&cid=1045569607459 ).

Una vez seleccionado el aeropuerto de Barcelona en el menú desplegable, emergió, para mi sorpresa, una ventana con la siguiente advertencia:

"Lamentamos no poder mostrar esta información
Para poder visualizar correctamente los planos se requiere

* Microsoft Internet Explorer
* Adobe Flash Player
* Habilitar JavaScript en su navegador"

Deberían saber, como entidad pública al servicio del ciudadano, que el navegador Internet Explorer  es una aplicación para navegación web privativa (no libre) y específica de la plataforma Windows  de Microsoft . Es, además, una aplicación nada respetuosa con los estándares internacionales, que en el caso de la navegación web es el estándar del consorcio W3C, y el cual tiene como objetivo que cualquier página web pueda ser visionada desde cualquier plataforma y con cualquier navegador que respete dicho estándar, como es el caso del navegador Firefox, usado por más de un 20% de los internautas (media europea). Este último navegador es, al igual que otros muchos, Software Libre, multiplataforma (puede ejecutarse en Windows , Mac , GNU/Linux, Solaris, freeBSD, etc) y, en opinión de los expertos, el más seguro del mercado.

Obligar al uso del navegador Internet Explorer, en concreto, es aún más sorprendente en su caso, teniendo en cuenta que al pié de su página web proclaman su intención de cumplir con el estándar del consorcio W3C, antes mencionado.

En lo que a mí respecta, no tengo la posibilidad de instalar ni ejecutar el navegador Internet Explorer. Para ello habría de disponer de una de las versiones del sistema operativo Windows  (Windows98/XP/2000...), sistema operativo privativo (es decir, de código cerrado) y, por lo tanto, no auditable, desarrollado por una empresa foránea (Microsoft ). Este asunto, convendrán conmigo, es ciertamente serio, pues estamos tratando del acceso a una web, no de una empresa privada, sinó de una institución pública mantenida con los impuestos de todos los ciudadanos del estado español. Deben recordar, además, que el coste mínimo de la licencia de cualquiera de las versiones del Sistema Operativo Windows , cuesta una cantidad por encima de los 100€, cantidad que no está al alcance de todos los ciudadanos de este país. Por contra, existen sistemas operativos libres, a los que puede acceder CUALQUIER ciudadano, dentro de los cuales se haya el sistema operativo GNU/Linux, que es el que yo y muchos miles de ciudadanos de este país utilizamos.

Es por todo esto que les ruego modifiquen su web para que cumpla en su totalidad con los estándares internacionales, y que todo su contenido, incluído el contenido multimedia, sea fácilmente accesible desde cualquier plataforma, sea esta libre o no, algo bien sencillo de implementar. No hacerlo supone, simple y llanamente, beneficiar y privilegiar a una empresa concreta, foránea, y, lo que es más grave, a discriminar a una parte, cada vez más numerosa, de los ciudadanos de este país, ciudadanos que pagan sus impuestos como cualquier otro.

Debo recordarles que el trato igualitario y no discriminatorio debe ser un principio fundamental de actuación de las administraciones públicas y es, además, un derecho constitucional de todos los españoles.

En espera de su respuesta, reciban un cordial saludo,


Invito a quen lea este artigo, a que envíe a súa queixa ao Ministerio de Fomento e Aena por este tratamento claramente discriminatorio.

Tags:

(Deixa un comentario)

9th - February - 2009
05:00 pm

[Link]

Telefónica porá no mercado teléfonos móbiles con GNU/Linux
Telefónica ven de anunciar hoxe que uníuse á Fundación LiMo (Linux Mobile), e que este ano venderá teléfonos que usarán o sistema de sóftware libre LiMo.

LiMo é unha alternativa aos principais sistemas operativos que corren nos móviles de Nokia, Apple, Hasecorp e Google. Os operadores están apostando por LiMo, pois ao ser un sistema libre, teñen todo o control e independencia sobre o seu desenvolvemento, uso e mellora.

Os membros fundadores de LiMo son:

* Motorola
* NEC
* NTT DoCoMo
* Orange
* Panasonic
* Samsung
* Vodafone

Entre os membros principais de LiMo temos:

* Access Co.
* Aplix
* Azingo
* LG Electronics
* McAfee
* Purple Labs
* SK Telecom
* Texas Instruments
* Verizon Wireless
* Wind River Systems

Vodafone, Orange, a xaponesa NTT DoCoMo, a coreana SK Telecom e a estadounidense Verizon Wireless presentarán teléfonos con LiMo ao longo deste ano, dixeron eses operadores nun comunicado conxunto o ano pasado.

LiMo entrou no mercado o pasado ano e ata o de agora hai dispoñibles máis de 20 modelos, de fabricantes como NEC, Panasonic ou Motorola.

Fonte: público.es

Tags:

(Deixa un comentario)

23rd - January - 2009
04:35 am

[Link]

As descargas P2P xeran riqueza
A descarga de cancións e películas de Internet xera máis beneficios económicos e culturais que perdas. Iso é o que sostén un extenso informe realizado por expertos en economía, lexislación e tecnoloxía para o Goberno de Holanda. O traballo cuestiona tamén a relación directa que establece a industria audiovisual entre intercambio de arquivos e descenso de vendas. É ao revés: os que descargan arquivos compran o mesmo ou máis que os que non descargan.

Seguir lendo na fonte.

Tags:

(Deixa un comentario)

9th - January - 2009
01:11 am

[Link]

Goberno do Vietnam migrará a Software Libre en tódalas axencias estatais
O Ministerio de Información e Comunicacións do Vietnam deu ordes para a migración a Sóftware Libre do 100% dos servidores de tódalas axencias estatais antes do 30 de Xuño deste ano. Tamén deu ordes da migración, no 70% deses servidores e antes do 31 de Decembro deste ano, a OpenOffice.org (ofimática), Thunderbird (cliente correo-e), Firefox (navegador) e Unikey (software de edición específico para a língua vietnamita).

Para a primeira migración capacitará ao 100% dos técnicos, e un 50% mínimo terán que ser proficientes nesta tecnoloxía para esa data. Para a segunda, capacitarán ao 70% dos técnicos, e un mínimo dun 40% dos usuarios terán que saber usar esas aplicacións de sóftware libre antes de fin de ano, e o 100% antes do final do ano que ven (2010).

Tódalas axencias deberán incrementar o uso dos estándares abertos no intercambio de documentos.

As divisións de Tecnoloxías da Información das axencias gobernamentais de Vietnam comprenden os departamentos de TI dos ministerios e axencias gobernamentais, e os Departamentos de Información e Comunicación provinciais e municipais.

A instrución pide ás asociacións de TI que asistan ás axencias estatais na implementación deste plan, e reclaman aos vendedores de computadores que non vendan PC's que leven instalado sóftware ilegal, senón sóftware libre.

Fonte: VietNamNet.

Tags:

(Deixa un comentario)

29th - December - 2008
02:42 am

[Link]

Unha grande colección de "chuletas" coas ordes máis importantes en Linux/Unix
Através desta bitácora, atopei esta compilación de arredor de 70 listaxes coas ordes máis usadas en Unix/Linux.

As hai adicadas ás ordes en Linux, en Unix, en Solaris, etc., e tamén as especializadas en distribucións concretas, como Debian/Ubuntu, manexo de paquetes rpm, os programas awk, ed, sed, etc.

Tags:

(Deixa un comentario)

18th - December - 2008
06:55 pm

[Link]

Se compartes, es legal!
Compartir é bo!!

http://siereslegalcomparte.com/

Tags:

(Deixa un comentario)

6th - December - 2008
03:47 am

[Link]

Sobre a campaña "Se es legal es legal", do Ministerio de Cultura
Se es legal, asumes que só desde un comportamento irreprochable podes aspirar a dar leccións de ética aos demais.

Se es legal, non utilizas recursos públicos en favor do teu beneficio privado.

Se es legal, non convertes a unha organización histórica na entidade con, probablemente, peor imaxe corporativa do teu país.

Se es legal, non mantés nesa organización unha estrutura de democracia censitaria que, na práctica, imposibilita a renovación dos seus órganos directivos.

Se es legal, non che arrogas a representación exclusiva diso tan vaporoso que che gosta denominar “o mundo da cultura”.

Se es legal, non conspiras para impor un imposto arbitrario que grava á totalidade da cidadanía por unha actividade que aínda non realizou e que quizais non leve a cabo nunca.

Se es legal, non sacas tallada de actos benéficos nos que ata os “artistas”, eses aos que con tanto afán dis defender, prestáronse a colaborar desinteresadamente.

Se es legal, non te coas en actos privados para gravar, cámara en man, supostos feitos delituosos.

Se es legal, non cobras por aquilo que non che corresponde e logo pídeslle aos auténticos propietarios que pasen por un vía crucis burocrático para recuperar o seu.

Se es legal, non optas por descualificar calquera nova fórmula de xestión dos intereses dos teus asociados para que así non perigue o teu status.

Se es legal, non insultas indiscriminadamente nin criminalizas calquera actitude disidente con prepotencia nauseabunda.

Se es legal, campañas como esta provócanche esa xa habitual sensación entre a indignación e a risa.

Fonte.

(1 comentario | Deixa un comentario)

1st - December - 2008
02:38 am

[Link]

Máis fontes libres: Libertine Fonts
Hai algún tempo, falei das fontes libres Liberation Fonts e de como instalalas en GNU/Linux. Hoxe falarei doutro proxecto, de nome tan atractivo como o daquelas: as Linux Libertine Fonts.

Como podemos ver na páxina do proxecto:

As letras e as fontes teñen dúas características: Por unha banda, son elementos básicos de comunicación e un fundamento da nosa cultura; pola outra, son bens culturais e creacións artísticas. Podes ver doadamente o primeiro aspecto, mais cando imos ao terreno do sóftware verás copyrights e patentes incluso nas fontes máis elementais. É por iso que queremos darche unha alternativa libre: Esta é a razón pola que fundamos o Proxecto de Fontes Libres Libertine. --Philipp H. Poll--

No proxecto Linux Libertine traballan para conquerir unha familia de fontes versátil. As fontes Libertine están deseñadas para darche unha alternativa a fontes privativas como Times New Roman. Para iso están creando sóftware e publicando as fontes baixo os termos das licenzas GPL e OFL.

O seu obxectivo é cubrir a maioría das línguas occidentais e fornecer moitos caracteres especiais. Entre outros, as fontes Libertine cubren os caracteres do Latín Occidental, Grego, Cirílico, Hebreo, etc., así como elementos tipográficos como son as ligaturas, pequenas maiúsculas, diferentes estilos numéricos, símbolos científicos, etc. Actualmente, Linux Libertine contén máis de 2.000 caracteres e símbolos.

Para instalalas en GNU/Linux, segue estes pasos (parecidos aos de instalación das Liberation Fonts):

Abrimos un terminal en liña de ordes e descargamos o paquete coas fontes (no cartafol persoal, por exemplo):

$ wget -c http://downloads.sourceforge.net/linuxlibertine/LinLibertineFont-4.1.8.tgz

Creamos un directorio, que chamaremos libertine, en /usr/share/fonts/truetype/ , e movémonos a el:

$ sudo mkdir /usr/share/fonts/truetype/libertine

$ cd /usr/share/fonts/truetype/libertine


Descomprimimos e desempaquetamos o paquete coas fontes (substitúe pepiño polo teu nome de inicio de sesión!):

$ sudo tar xvzf /home/pepiño/LinLibertineFont-4.1.8.tgz

Movémonos ao arquivo das fontes recén desempaquetadas e asegurámonos de que as fontes pertenzan a root:

$ cd LinLibertineFont/

$ sudo chown root.root *.?tf


Finalmente, recargamos a caché de fontes:

$ sudo fc-cache

Se todo foi ben, ao abrir OpenOffice, o GIMP ou calquera outro programa que use fontes de texto, deberías ver que tes 2 fontes máis que antes:

Linux Libertine e LINUX LIBERTINE C.

Son realmente de moi boa calidade. Probádeas!

Tags:

(Deixa un comentario)

15th - November - 2008
02:20 pm

[Link]

Programa PADRE da Axencia Tributaria so para Windows - Resposta do Defensor del Pueblo
O Defensor del Pueblo, Enrique Múgica Herzog, contestou á queixa que un servidor enviou en Maio deste ano acerca da non dispoñibilidade do programa de axuda para a declaración da renda (en adiante PADRE) para sistemas operativos que non sexan o Window$. Ésta é a súa contestación:

Estimado Sr.:

En relación con la queja formulada por usted ante esta institución y registrada con el número arriba indicado, le informamos que se ha recibido el informe solicitado a la Dirección General de la Agencia Estatal de Administración Tributaria en el que comunican que:

"Los programas de ayuda que la Agencia Tributaria elabora para mejorar sus servicios a los contribuyentes se diseñan de acuerdo a la cobertura más extendida de los diferentes sistemas operativos en el ámbito del Estado.

* Año 2002. Se proporciona una versión del PADRE Renta para ejecución remota sobre un servidor de la AEAT dirigido en exclusiva a los usuarios de sistemas operativos Linux y Macintosh.

* Año 2004. Se adopta Java como entorno adecuado a facilitar la ejecución de los programas de ayuda en cualquier sistema operativo y se desarrolla el PADRE Retenciones sólo en este sistema sobre estructura de datos XML.

* Año 2005. Se desarrolla el PADRE IVA en Java.

* Año 2006. Se desarrollan dos modelos de declaraciones informativas en Java y una nueva Plataforma genérica para este tipo de formularios.

* Año 2007. Se incluyen la totalidad de las declaraciones informativas en Java.

* Año 2008. El programa PADRE Sociedades 201 (modelo simplificado) también se desarrolla en Java.

En la actualidad nos encontramos en un proceso de decisión que determinará si el PADRE Renta 2008 se edita en el sistema preponderante hasta el momento. Su desarrollo, por otra parte el que resulta más complejo y tiene mayor repercusión de los programas de ayuda, se planificó en el último lugar a la espera de comprobar la evolución del estado general de uso de Java.

La experiencia en el empleo de entornos Java nos muestra que su uso ha originado un alto número de consultas a nuestro Centro de Atención Telefónica (CAT) en momentos puntuales de determinadas campañas. Ello se ha interpretado, desde una vertiente de usuario, como que su soporte no está muy definido en la sociedad española y, de otra, como una falta de madurez de las propias tecnologías JAVA. Ello hace más delicado su uso en el ámbito de las personas físicas, usuarios naturales del PADRE Renta, mientras que en los sujetos pasivos del IVA e Impuesto sobre Sociedades sí resulta factible esperar un nivel más avanzado en la utilización de estas tecnologías.

La AEAT realiza un esfuerzo en la introducción de estas tecnologías que intenta acoplarse al grado medio de madurez en su uso entre el colectivo de usuarios que más frecuentemente usa cada aplicación."

Tras el estudio del informe recibido y de la documentación de la que se ha podido disponer, no se aprecia irregularidad en la actuación de la Administración que justifique continuar las investigaciones iniciadas con ocasión de su queja, procediéndose en este acto al cierre de las investigaciones, lo que se le comunica de conformidad con lo previsto en el art. 31.1 de la Ley Orgánica 3/1981, de 6 de abril.

Saludos cordiales,

Enrique Múgica Herzog


Non agardaba outra cousa do Defensor del Pueblo, habida conta que eles tamén fan cousas parecidas coa súa web oficial: Se queres poñer unha queixa no seu buzón de queixas aparéceche o seguinte:

Se ha detectado un navegador que no permite la ejecución de controles ActiveX, Por ello, la posibilidad de firmar tu queja con un certificado personal emitido por la Fábrica Nacional de Moneda y Timbre no estará disponible.

En canto á AEAT, polo que vexo os responsables da sección informática están a facer algo a respecto do trato igualitario, non o vou negar. Mais parece que non entra dentro das súas prioridades. Máis ben parece que a prioridade é que os usuarios do "sistema preponderante" non fagan moitas consultas, aínda que sexa en momentos puntuais, como din eles. O de que ese sistema preponderante sexa pechado, non auditable, de pago e desenvolvido por unha empresa repetidamente multada por prácticas monopolísticas, iso non importa tanto.

Falta de madurez nas tecnoloxías Java? En fin.

Tags:

(Deixa un comentario)

14th - November - 2008
01:35 am

[Link]

Palabra de ministro
Pregunta: Francia ven de aprobar unha lei (inspirada polo presidente da FNAC, Dennis Olivennes) para frenar as descargas por Internet. A idea é desconectar da Rede a aqueles que se descarguen arquivos de forma reincidente (avísaselle dúas veces e, á terceira, desconéctaselle). ¿Está España pensando nun sistema semellante?

Resposta do ministro de cultura, César Antonio Molina: Non sei cal sería a fórmula. Estamos a estudala. O que está claro é que hai que respetar os dereitos de autor. Iso é algo sagrado. A ninguén se lle ocorrería roubar unha patente. Iso é piratería e é un roubo da propiedade intelectual e industrial. Temos que atallala e xa; non podemos competir con China por ser os primeiros no ránking de piratas no mundo. Iso é unha vergoña para o noso país. Nas escolas habería que dicir a ese neno que fai iso que tamén llo poden facer a el. Quizais no mundo debería ser todo de balde, mais non o é. Que cambios faremos? Aínda non o sabemos, pero si enfrontaremos esa batalla contra a piratería, que non é só esa xente vendendo copias na rúa. Iso xa non é o máis grave; o máis grave é o que acontece en Internet.

Pregunta: ¿É vostede partidario do sóftware libre? [aquel que pode ser libremente copiado e distribuido]

Resposta do ministro: Non teño nada en contra de que quen queira facelo, distribúa de balde os seus produtos. Mais hai que ter en conta que o desenvolvemento de produtos tanto de sóftware como de contido cultural implica custos de creación, produción e distribución, polo que, obviamente, quenes se adican a elo teñen tanto dereito a gañarse a vida como os demáis.

Desolador, nonsí?

Leído no diario Público

Tags:

(Deixa un comentario)

4th - July - 2008
06:19 pm

[Link]

Sae á venda o primeiro móbil libre
Hoxe, 4 de Xullo, día da independencia (Independence Day ;-)), sae á venda nos EEUU o Neo FreeRunner, un móbil con GNU/Linux como sistema operativo e OpenMoko como plataforma, o que permite engadir funcionalidades e persoalizalo ao gusto do usuario.

Nova vista en vieiros.com

Tags:

(Deixa un comentario)

4th - June - 2008
04:33 pm

[Link]

RepRap: Unha máquina replicante con Sw e Hw libre
Vivimos claramente nunha época de hiperevolución.

No Festival da Ciencia de Cheltenham (Centro Oeste de Inglaterra), que se celebrará desde hoxe, 4 de Xuño, ata o vindeiro domingo 8 de Xuño, presentarase unha impresora 3D capaz de replicarse a si mesma, é dicir, o primeiro trebello puramente replicante do mercado.

O RepRap (Replicating Rapid-prototyper), que así se chama a máquina, foi desenvolto por un equipo de enxeñeiros e investigadores liderado por Adrian Bowyer, da Universidade de Bath, seguindo os principios de liberdade da Fundación para o Software Libre. Porén, todo o software e os deseños hardware están licenciados baixo a licenza libre GPL. Así, como din na propia web do proxecto, podes facer un RepRap e pasarlle unha copia a quen queiras.

A máquina usa poliácido láctico para as compoñentes máis ríxidas, e un plástico máis flexible para o resto.

Adrian Bowyer di que as posibilidades deste sistema son infinitas e que se o deseño actual dos obxectos comerciais non convence aos usuarios, máquinas como esta ofrecerán no futuro a opción de fabricar en función dos desexos do consumidor (polo propio consumidor). Alén disto, a redución en custos é espectacular: As impresoras 3D non replicantes que hai no mercado rondan os 18.000€, mentres que os materiais que usa o RepRap non pasan dos 400€.

Nova orixinal vista aquí.

Tags:

(Deixa un comentario)

24th - May - 2008
03:29 am

[Link]

Unha decisión xudicial permite suspender tódalas reclamacións para cobra-lo cánon dixital en España
As entidades de xestión de dereitos de autor contan na actualidade con preto de 250 procesos xudiciais abertos contra pequenas e medianas tendas de informática para reclama-lo pago do polémico cánon dixital. Tales casos suman máis de 10 millóns de euros, que reclaman entidades tales como $GA€ ou €GEDA. Con todo, a Audiencia Provincial de Barcelona, a instancias dun recurso de APEMIT, ven de suspender 9 procesos, á espera de que o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo decida sobre esta cuestión. Isto abre unha vía para que as tendas que foron demandadas soliciten a paralización dos seus procesos xudiciais.

Nova vista aquí.

Aquí podedes ler un artigo de opinión interesante sobre esta importante decisión xudicial.

Tags:

(Deixa un comentario)

15th - May - 2008
01:17 pm

[Link]

Wall Street escolle GNU/Linux
O maior mercado de valores do mundo, a bolsa de Nova Iork (NYSE), ven de escoller Red Hat Enterprise Linux como sistema operativo para a súa plataforma de compra-venda de valores financeiros, que move uns 141.000.000.000 de dólares diarios (91226 millóns de euros aprox.), cantidade que representa máis da terceira parte do total mundial. As cáseque 4000 compañías inscritas no NYSE suman unha capitalización no mercado global de arredor de 17,3 billóns (con b) de euros.

Os detalles financeiros do contrato, como o custo do mesmo, non foron publicados polo momento.

Máis información na propia páxina da compañía Red Hat (con vídeo incluído en formato libre ogg).

Fonte orixinal da nova.

Tags:

(Deixa un comentario)

13th - May - 2008
02:54 am

[Link]

Gobuntu Hardy Heron?
Coa versión 7.10 de Ubuntu (Gutsy Gibbon), publicada en Outubro do pasado ano, viu a luz unha versión 100% libre de Ubuntu: Gobuntu. Mais desta nova versión 8.04 (Hardy Heron), publicada a finais do pasado mes de Abril, non temos a correspondente Gobuntu. Que pasou con Gobuntu?

Pois semella que os usuarios interesados en este tipo de distribucións 100% adherentes aos principios da Fundación para o Software Libre (FSF) non lles preocupa demasiado a vantaxe dunha distribución que publica unha versión cada 6 meses, e sí cuestións como que habilitar repositorios restrinxidos (non libres) en Gobuntu era cuestión dun clic en Synaptic, ou que incluír extensións privativas no Firefox fose tamén máis doado do que a RMS e compañía lles gostaría.

Polo que parece, os desenvolvedores de Gobuntu, entre os cales está o líder de Ubuntu, Mark Shuttleworth, están a considerar centrar as súas forzas e enerxías no desenvolvemento de GNewSense, distro auspiciada pola FSF, que ten un ciclo de desenvolvemento máis longo (a versión 1.0 estaba baseada en Ubuntu 6.06 Dapper Drake, e a 2.0 está baseada na actual 8.04, ámbalas dúas LTS). GNewSense usa os seus repositorios particulares, e moitos paquetes, como o Firefox e o mesmo kernel, difiren substancialmente dos de Ubuntu. De feito, o kernel non ten algúns fragmentos de código binario que é habitual das distribucións GNU/Linux máis extendidas.

Para quen queira afondar sobre o estado da cuestión, lle interesará botarlle un ollo a este moi clarificador artigo (en inglés).

Se queremos instalar o que sería Gobuntu (Ubuntu 100% libre) versión 8.04 (Hardy Heron), aínda o podemos facer:

Inserimos o CD de Ubuntu 8.04

Eliximos idioma

Presionamos F6 dúas veces. Aparecerá un pequeno menú despregable con 5 opcións, a última das cales di "Só Software Libre".

E así, seleccionando esa opción coas frechas do teclado, aseguraremos que todo o que se vai instalar é Sóftware Libre 100%!

Logo podemos comprobalo facendo uso do programiña vrms, do cal xa falamos hai un tempo, e que podemos instalar doadamente do repositorio universe.

Tags:

(2 comentarios | Deixa un comentario)

2nd - May - 2008
10:01 pm

[Link]

Declaración da Renda 2008 - So para usuarios Window$
Unha ano máis temos que facer a declaración da Renda e Patrimonio, e unha vez máis so podemos facelo co software privativo dunha empresa americana multada repetidamente pola Comunidade Europea por prácticas monopolísticas.

É indignante.

Se chamas á AEAT (901335533), respóndenche que non hai programa P.A.D.R.E. para outra plataforma que Window$, e logo de facer unha "consulta", dinche que podes facer a declaración en liña.

Para iso tes que ir a este tutorial: Tutorial para sistemas operativos Mac y Linux. Pero ese tutorial so explica cómo facelo en Mac, non en GNU/Linux!!! Ademáis, as capturas da páxina de Citrix están obsoletas. Unha auténtica tomadura de pelo!!

A web de Citrix está en inglés, para máis inri. Se buscas os ICA para linux, aparécenche moitos, co cal non sabes cal escoller. Ademáis, a súa instalación non é nada nada doada: eu non o conseguín no 2006, e no 2007 puiden instalala despois de pelexar varias horas. O pdf de instalación/administración son 122 páxinas!!!

Por se isto fose pouco, o ICA de Citrix é software privativo. Maravilloso.

Xa estou farto. Isto non é maneira de tratar aos cidadáns. É discriminatorio, e polo tanto xa puxen a miña queixa no Buzón de Sugerencias da AEAT.

A reclamación di o seguinte:

Muy señores míos:

Un año más tengo que presentar la declaración de la Renta y Patrimonio, y un año más me veo discriminado, con respecto a otros ciudadanos, a la hora de usar las aplicaciones informáticas de que disponen como ayuda a esta declaración. ¿La razón? El programa de ayuda sólo está disponible para una plataforma: Windows, de la empresa privada Microsoft.

Por lo tanto, para poder hacer uso de ese programa de ayuda, tendría que disponer de una de las versiones del sistema operativo Windows  (Windows98/XP/2000...), sistema operativo privativo (es decir, de código cerrado) y, por lo tanto, no auditable, desarrollado por una empresa foránea (Microsoft ), empresa multada repetidamente por la Comunidad Europea por prácticas monopolísticas, asunto éste de extrema gravedad, convendrán conmigo.

La plataforma Windows no es gratuíta, por lo que sólo podrán adquirirla aquellos ciudadanos que se puedan permitir el correspondiente desembolso, unos 249€ para la versión más económica (Windows Vista Home Premium - dato de la web de Microsoft), con lo que aquí tienen otra discriminación: la económica.

Comprar e instalar un nuevo sistema operativo es, además, absurdo, pues nadie desinstala su sistema operativo e instala uno nuevo para usar un simple programa, menos para algo puntual como la declaración de la Renta y Patrimonio.

Por otro lado, no existe ninguna razón técnica para que ese programa de ayuda no pueda ser multiplataforma. Ninguna.

Es cierto que disponen de la posibilidad de utilizar una ayuda en línea para algunas plataformas no windows. Para ello disponen de un tutorial (Tutorial para sistemas operativos Mac y Linux), el cual, de hecho, sólo explica como instalarlo para Mac OS X (sistema operativo también privativo/no libre), pero no para el sistema operativo GNU/Linux (que es el que yo utilizo), como cabría pensar por su encabezamiento. Además, las capturas de pantalla para la descarga del ICA de Citrix están obsoletas; no se corresponden con las de la web actual.

Para GNU/Linux hay varias versiones del ICA Citrix. Su instalación no es nada, nada fácil. Requiere gran destreza en el uso de la línea de comandos, leer mucha documentación (el pdf de ayuda son 122 páginas, en inglés), resolver dependencias y otros problemas sobre la marcha, etc. Yo me considero un usuario con experiencia en GNU/Linux (lo uso desde 1999), y no fui capaz de instalarlo en 2006. En 2007 lo conseguí tras varias horas repartidas en varios días. Intenten Vds. instalarlo, y luego me dirán si consideran que esta posibilidad de programa de ayuda en línea está al alcance de un ciudadano normal.

Pero lo más importante es que este trato discriminatorio viene de una agencia estatal, cuya existencia y funcionamiento costeamos entre todos los ciudadanos. Y esto es lo más grave, pues todos sabemos que el trato igualitario y no discriminatorio debe ser un principio fundamental de actuación de las administraciones públicas y es, además, un derecho constitucional de todos los españoles.

Les participo que haré la correspondiente queja al Defensor del Pueblo.

Reciban un saludo cordial,


Invítovos a que fagades tamén a oportuna reclamación, a ver se nos escoitan dunha vez.

Tags:

(2 comentarios | Deixa un comentario)

24th - April - 2008
08:43 pm

[Link]

Ubuntu 8.04 anunciado no xornal Público
Cada vez é máis frecuente ver noticias sobre GNU/Linux e Sóftware Libre nos medios de comunicación máis importantes.

Aquí deixo unha ligazón a un artigo do xornal de ámbito nacional Público.

Tags:

(Deixa un comentario)

2nd - April - 2008
12:53 am

[Link]

O despropósito consumouse: o OOXML foi aprobado como "estándar" RISO.
Ver esta nova. Nota de prensa do ECMA aquí. Nota de prensa de Ha$ecorp aquí.

So falta a nota de prensa da RISO.

En fin, vivir para ver!

Tags:

(Deixa un comentario)

31st - March - 2008
10:56 pm

[Link]

Sobre eXe, un editor XHTML enfocado ao e-Learning, con posibilidade de exportar a formato SCORM
Estes días estiven traballando con eXe, un programa que permite editar cursos completos para aula virtual (e-Learning), con posibilidade de exportar o curso á especificación SCORM. Logo, o ficheiro SCORM xerado pode ser incorporado a un servidor de e-Learning, como Moodle, Dokeos, ou calquera outro.
Explico aquí, moi resumidamente, de qué vai isto do SCORM e do eXe:

SCORM (Sharable Content Object Reference Model - Modelo de Referencia de Obxectos Compartibles de Contido) é unha especificación que permite crear obxectos pedagóxicos estruturados. Os sistemas de xestión de contidos en web orixinais usaban formatos
propietarios
para os contidos que distribuían. Como resultado, non era posible o intercambio de tales contidos. Con SCORM faise posible crear contidos que poidan importarse dentro de sistemas de xestión de aprendizaxe diferentes, sempre que estes soporten a norma SCORM.
Os principais requirimentos que o modelo SCORM trata de satisfacer son:

  • Accesibilidade:capacidade de acceder aos compoñentes de ensino desde un sitio distante a través das tecnoloxías web, así como distribuílos a outros sitios.
  • Adaptabilidade: capacidade de persoalizar a formación en función das necesidades das persoas e organizacións.
  • Durabilidade: capacidade de resistir á evolución da tecnoloxía sen precisar dunha reconcepción, unha reconfiguración ou unha reescritura do código.
  • Interoperabilidade: capacidade de utilizarse noutro emprazamento e con outro conxunto de ferramentas ou sobre outra plataforma de compoñentes de ensino desenvolvidas dentro dun sitio, cun certo conxunto de ferramentas ou sobre unha certa plataforma. Existen numerosos níveis de interoperabilidade.
  • Reusabilidade: flexibilidade que permite integrar compoñentes de ensino dentro de múltiples contextos e aplicacións.

SCORM é, xa que logo, un estándar que nos permite crear contidos e cursos de e-Learning sen importarnos en que LMS (Learning Management System) irémolo a utilizar. Así, por exemplo, se durante un tempo un profesor está nun centro de ensino que usa Moodle como LMS, e máis tarde trasladase a un novo centro que usa Dokeos como LMS, non ten porqué voltar a editar os cursos que xa elabou, a condición de que estes cursos os teña exportado como paquetes baixo a especificación SCORM, xa que a maioría dos LMS's máis famosos admiten SCORM como un módulo estándar.
En Moodle, incluír un SCORM é moi sinxelo, pois se engade como unha actividade máis. Cando eliximos engadir unha actividade SCORM/AICC (que así é como aparece en Moodle) pediranos que busquemos na nosa árbore de ficheiros do curso o paquete SCORM que desexamos inserir. Do mesmo xeito que con outros recursos, se non o temos subido ao sistema, teremos que cargalo.
O que non ten Moodle é un editor de paquetes SCORM. Para iso hai algunhas aplicacións que nos permiten crear contidos de e-Learning e exportalos baixo a
especificación SCORM. Entre eles está o programa eXe (eLearning XHTML editor - ver aquí algunhas capturas de pantalla), proxecto financiado por CORE Education, unha organización sen ánimo de lucro para o desenvolvemento e a investigación no campo educacional con sede en Christchurch, Nova Zelanda. Tamén conta co apoio da Auckland University, a Auckland University of Technology e o Tairawhiti Polytechnic.
O programa eXe é unha aplicación libre (licenza GPL) de creación de contidos de e-Learning que axuda a profesores e académicos na publicación de contido web sen que sexa necesario ser un experto en linguaxes HTML ou XML. eXe pode exportar contido en forma de paquetes IMS, SCORM 1.2, IMS Common Cartridge's ou como simples páxinas web autocontidas, que poderíamos subir facilmente a un servidor web estándar.
Neste vídeo (en inglés) podemos ver unha introdución a eXe a cargo de Brent Simpson, un dos desenvolvedores do proxecto.
O programa eXe é multiplataforma. Na súa páxina temos, aparte do código fonte, paquetes precompilados para distintas distribucións GNU/Linux (Fedora, Ubuntu, etc.) e para algúns sistemas operativos privativos, como Mac OSX e Windows. eXe pódese descargar aquí, e nestoutra páxina hai instrucións para instalalo (en inglés).
Un manual de utilización de eXe (en inglés) pode consultarse aquí. A súa utilización é bastante intuitiva, e darei aquí só unhas ideas xerais:

A ventá de eXe (que en linux é unha simple fiestra do navegador firefox) consta de tres espazos principais (recordar ir a Tools -> Preferences, na barra de menú superior, para escoller o idioma preferido (eXe está traducido ao español e o catalán, entre outros moitos)):

  1. Un área chamada contorno, situada arriba á esquerda, na que iremos engadindo tópicos, seccións, unidades, etc., de xeito xerarquizado, segundo a taxonomía que escollamos. Isto faise moi doada e flexiblemente, e pode modificarse sen problema en calquera momento.
  2. Un área de iDevices (instructional devices), situada debaixo da anterior, con diferentes tipos de actividades e recursos que podemos ir engadindo á
  3. área de creación (authoring), na que poderemos editar as actividades/recursos (iDevices) que vaiamos engadindo ao noso curso.

Persoalmente, eXe paréceme unha ferramenta excelente. É simple, doada de usar, flexible (pódense desenvolver, facilmente, novos iDevices), e o que é mellor, permite crear un curso completo offline, polo que non hai que estar conectado a Internet (perfecto para quen non ten internet na casa). O profesor non ten máis que editar tranquilamente o seu curso no seu propio computador persoal, e unha vez terminado exportalo baixo o estándar SCORM (un arquivo único comprimido en formato ZIP). Logo, conéctase a internet e incorpórao como actividade SCORM ao seu curso Moodle. Ademais, eXe permite combinar varios paquetes diferentes nun só, co que se poden engadir contidos novos a un curso antigo, ou elaborar un curso entre varios profesores, cada un dos cales elaboraría unha ou varias seccións do mesmo, combinándose as seccións de todos ao final.

Tags:

(Deixa un comentario)

19th - March - 2008
02:22 am

[Link]

Gnash acada un nivel importante, máis aínda non chegou ao destino final
Gnash, o reproductor Flash libre, ven de liberar a súa primeira versión beta. Esta última versión alcanza un punto importante na folla de ruta do reproductor, tanto para o proxecto en si, como para o escritorio GNU/Linux, aínda dependente do reproductor privativo de Adobe para lidiar con ficheiros Flash (.swf). A pesar de que o soporte para Flash aínda non está completo nesta versión 0.8.2, Gnash acadou xa o nivel que o fai usable para os usos diarios máis comúns, tales como o de ver vídeos de YouTube.com. De tódolos xeitos, en moitas outras circunstancias habituais, o éxito do Gnash aínda é do tipo "unha de cal e outra de area".

Gnash naceu do proxecto Gameswf nos derradeiros meses de 2005. Rápidamente atraeu a atención dende moitos puntos dentro da comunidade do Sóftware Libre, converténdose nun proxecto de alta prioridade da Fundación para o Sóftware Libre, unha indicación ésta de que o Gnash está a encher unha das máis importantes lagoas no que se refire á funcionalidade do escritorio libre.

A versión 0.8.2 pódese obter do sitio Get Gnash como código fonte, ou como paquete precompilado para Debian, Fedora, Ubuntu, FreeBSD, NetBSD, e Hasefroch. Está tamén sendo incorporado aos repositorios das distribucións GNU/Linux máis comúns, incluíndo Debian Unstable e Ubuntu 8.0.4.

Gnash comprende o reproductor de escritorio Gnash, o plugin Gnash para o navegador Firefox (que tamén funciona co navegador Epiphany e outros navegadores baseados en Mozilla), e o Klash, un plugin para o navegador Konqueror. Os dous plugins funcionan sen maior problema, e o uso do reproductor de escritorio é en xeral tan simple como escribir o comando gnash seguido da ruta do arquivo a reproducir, ou gnash -u seguido dunha URL. De tódolos xeitos, se así o queres, podes executar o Gnash con diversos parámetros para escalar adecuadamente o vídeo, para establecer o alto e ancho exactos dun vídeo, ou para reproducir continuadamente un vídeo. Gnash ven tamén cun trío de commandos para correxir erros (bugs): a opción xeral de "verbose" (-v) e as opcións para cómo o reproductor ha de manexar as accións Flash (-va) ou analizar ficheiros (-vp).

Visto en linux.com

Tags:

(Deixa un comentario)

6th - March - 2008
06:15 pm

[Link]

vrms: Virtual Richard Matthew Stallman
Acabo de atopar este curioso programiña que se executa en liña de comandos: vrms.

Este programa executámolo simplemente escribindo vrms nun terminal de liña de comandos e dando a ENTER. A saída da orde son tódolos paquetes non libres que hai no sistema, incluídas iconas propietarias, etc. Inclúe a información de número de paquetes non libres, do total de paquetes que hai instalados no sistema e da porcentaxe de paquetes non libres sobre o total.

O nome son as iniciais de Virtual Richard Matthew Stallman. Richard Matthew Stallman é o fundador do proxecto GNU e da Fundación para o Sóftware Libre.

É dicir, o programa é un Richard Stallman virtual que podemos usar para saber a porcentaxe que nos queda para alcanzar a liberdade total! Ou dito doutro xeito: A proba do algodón da liberdade :-)

Tags:

(Deixa un comentario)

11:14 am

[Link]

Problemas con PostgreSQL 8.3 en Ubuntu 7.10
Recentemente foi anunciada a versión 8.3 da base de datos PostgreSQL, que substitúe á 8.2.

Polo que parece, o paquete .deb para Ubuntu ten erros, pois non funciona, alomenos co ERP AbanQ 2.2 (antiguo Facturalux); non deixa carga-los módulos.

Mostro aquí os pasos que seguín na instalación con apt-get e configuración básica para traballar en local (localhost):

$ sudo apt-get install postgresql-8.3
$ sudo sed -i 's/ident sameuser$/trust/' /etc/postgresql/8.3/main/pg_hba.conf
$ sudo /etc/init.d/postgresql-8.3 restart
$ psql -U postgres
postgres=# ALTER ROLE postgres WITH PASSWORD 'ri2342ga';
(nota: as comillas simples son necesarias)
postgres=# \q

(con isto, a partir deste momento xa poderemos acceder como superusuario da base de datos co contrasinal ri2342ga, facendo $ pgsql -U postgres)

$ sudo sed -i 's/trust$/md5/' /etc/postgresql/8.3/main/pg_hba.conf
$ sudo /etc/init.d/postgresql-8.3 reload


Tamén podemos crear un usuario normal, con permiso de login, de crear roles e bases de datos (nome eniac e contrasinal uni59vac):

$ psql -U postgres
postgres=# CREATE ROLE eniac LOGIN CREATEDB CREATEROLE PASSWORD 'uni59vac';


Se agora seguimos o proceso de instalación de Facturalux, e logo tentamos cargar os módulos, veremos que falla.

A solución: Instala a versión 8.2. Basta con cambiar 8.3 por 8.2 nas liñas de comandos mostradas no proceso de instalación xa amosado. Se xa instalache-la versión 8.3, desinstálaa:

$ sudo apt-get remove postgresql-8.3
$ sudo apt-get autoremove
$ sudo rm -r /etc/postgresql/8.3


e instala a versión 8.2 seguindo os pasos explicados máis arriba.

Outra posibilidade sería instalar PostgreSQL 8.3 a partir do código fonte. Recomendable sempre, máis longo e difícil. Esta posibilidade, por falta de tempo, non a probei.

Tags:

(Deixa un comentario)

3rd - March - 2008
03:18 am

[Link]

Adeus final ao Netscape
O navegador web que deu a moita xente a primeira experiencia en internet, acaba de desaparecer. Segundo este anuncio, o Netscape xa non é soportado dende o pasado venres, 1 de Xaneiro.

Hai que lembrar que trala compra do navegador por AOL en 1999, esta compañía comezou a traballar na liberación do código fonte do programa, cecais a primeira liberación importante de código na historia do Sóftware Libre, e que tivo lugar no ano 2000. O resultado máis importante desta liberación foi o nacemento de Mozilla, que culminou no navegador Firefox, navegador web que ten, a día de hoxe, unha cota de usuarios en Europa de máis do 20%.

AOL foi unha das fontes principais de axuda á Fundación Mozilla, e seguíu desenvolvendo o Netscape baseándose no traballo da fundación. Aínda así, Netscape non deixou de diminuir en número de usuarios; a súa cota actual non pasa do 0,6%.

AOL recomenda pasarse ao Firefox ou ao Flock, navegadores web libres que usan a mesma tecnoloxía do Netscape.

Por certo: Que van facer agora eses webmasters que poñen a coletilla de "Esta páxina está optimizada para Iexplorer y Netscape"?

Tags:

(Deixa un comentario)

17th - February - 2008
03:56 pm

[Link]

Transicións 3D para OpenOffice.org Impress
As vellas transicións en 2D de Impress, o programa de presentacións da suite ofimática libre OpenOffice.org (equivalente a PowerPoint de Micro$oft), poden estar a piques de pasar a mellor vida. Shane M. Mathews desenvolveu dez transicións en 3D para OpenGL no Google Summer of Code 2007, coa axuda de Thorsten Behrens (de aquela en Sun Microsystems) e Radek Doulík (Novell). Aquí tes un vídeo sobre as dez transicións, cos seus nomes:



(Este mesmo vídeo póde-lo ver como DivX AVI en resolución 640x480)

Aínda que non tes que instalar Compiz, OpenOffice.org precisa dos mesmos requerimentos de drivers de vídeo e configuración do servidor das X.

As transicións 3D estarán incluídas na próxima OpenOffice.org 2.4, prevista para a súa publicación en Marzo próximo, e só para GNU/Linux. A edición principal de OpenOffice.org empaquetará estas transicións 3D como unha extensión, aínda que outras edicións, como OxygenOffice e Go-Oo, poderían incluíla por defecto.

Non hai un tempo estimado de incorporación do paquete á versión de OpenOffice.org para Windows.

A nova orixinal póde-la ver aquí.

Tags:

(Deixa un comentario)

3rd - February - 2008
06:03 pm

[Link]

Vinagre, un cliente VNC para o escritorio Gnome
VNC, ou servidor VNC, é un programa de sóftware libre baseado nunha estructura cliente-servidor, o cal permítenos toma-lo control do computador servidor remotamente a través dun computador cliente.

A principios de Setembro de 2007, un dos desenvolvedores do proxecto Vino, Jonh Wendell, publicou o programa Vinagre.

Vinagre é un excelente cliente VNC para o escritorio Gnome. Entre as súas características están:

* Pódeste conectar a varios computadores ao mesmo tempo e nunha mesma ventá (Vinagre gosta das pestanas, como o navegador Firefox).
* Podes manter control das conexións máis usadas (Vinagre gosta das listas de Favoritos).
* Podes manter control das conexións máis usadas recentemente (Vinagre gosta do GtkRecentManager).
* Podes procurar os servidores VNC da túa rede (Vinagre gosta de avahi).
* Non precisas de escribir o teu contrasinal en cada conexión (Vinagre gosta do anel de chaves de Gnome (Gnome Keyring)).

Naturalmente, con Vinagre pódense controlar/acceder computadores con diferentes sistemas operativos (GNU/Linux, Window$, MacO$ X, etc.). Basta que teñan instalado un servidor VNC, como por exemplo o Real VNC.

Tags:

(Deixa un comentario)

9th - January - 2008
04:31 pm

[Link]

Vídeos sobre Moodle
Moodle é un CMS para teleformación (e-learning en inglés) con licenza libre GPL. É un dos máis usados na actualidade, e non só nos ambientes académicos, senón tamén en empresas e outros entes que precisan dunha plataforma de formación a distancia para os seus traballadores ou asociados. Moitos centros de ensino públicos de Galicia usan esta plataforma para as súas Aulas Virtuais. Incluso o Centro de Formación e Recursos (Servicios Centrais) da Xunta de Galicia usa Moodle para os cursos online de formación do profesorado.

Deixo aquí unha colección de ligazóns a vídeos e vídeo-tutoriais sobre diversos aspectos de Moodle:


Presentación da plataforma:

  • Unha introducción en forma de presentación a Moodle. É publicidade dunha academia privada, pero interesante (en castelán).

  • Outra introducción a Moodle (en castelán).

  • Un vídeo conceptual sobre Moodle (sen voz, títulos en portugués do Brasil).

  • Outra breve, mais atractiva, presentación de Moodle (en inglés).

  • Vídeo presentación de recursos en Moodle (portugués do Brasil).


  • Incorporación e configuración de módulos:

  • Configurando unha lección con Moodle 1.8 (en castelán).

  • Moodle: módulo Libro e recurso IMS-CP (en castelán).

  • Principios básicos de Wiki en Moodle (en portugués do Brasil).

  • moodle: Agregar unha Wiki (en castelán).

  • Moodle: Agregar un cuestionario (en castelán).

  • Moodle: Agregar un foro (en castelán).

  • Moodle: Agregar tarefas (en castelán).

  • Moodle: Agregar un diario (en castelán).

  • Cómo editar páxina web con Moodle (en castelán).

  • Agregar fontes RSS remotas en Moodle (en inglés).

  • Moodle: Explorando outras actividades (en castelán).

  • Un vídeo sobre cómo subir arquivos en Moodle (en inglés).


  • Utilización de Moodle a nivel usuario (estudante):

  • Colocar foto en perfil persoal (en castelán).

  • Participar nunha Wiki de Moodle (en castelán).

  • Mensaxería en Moodle: Cómo ler/enviar mensaxes e organizar contactos con outros participantes en Moodle (en castelán).


  • Miscelánea:

  • Vídeo sobre curso de inglés con Moodle (en inglés).

  • Importar cursos libres en Moodle (sen voz, títulos en inglés).
  • (Deixa un comentario)

    8th - January - 2008
    10:41 pm

    [Link]

    A Axencia Catalana de Certificación so emite certificados a usuarios Window$
    A Agència Catalana de Certificació, organismo dependente da Generalitat de Catalunya, require dos cidadáns que queiran obter un certificado dixital, que sexan usuarios dun sistema que funcione, exclusivamente, baixo a plataforma Window$.
    Para comprobalo, temos que ir á páxina dese organismo oficial, premer na ligazón "Introduïu les vostres dades personals" que hai no paso nº 1 para a solicitude do certificado ("Sol·liciteu el certificat"), e logo, no segundo párrafo que ten por título "Abans de fer la sol·licitud", faremos clic na ligazón "Comprovar si el vostre sistema operatiu està actualitzat". Alí encontrarémonos unha grande colección de versións do noso sistema operativo favorito.
    O caso xa foi denunciado polo Observatorio de Neutralidade Tecnolóxica.

    (Deixa un comentario)

    4th - December - 2007
    01:31 am

    [Link]

    iTALC, potente ferramenta didáctica para profesores
    iTALC é unha ferramenta de Sóftware Libre (licenza GPL) moi útil para profesores, pois permite ver e controlar outros computadores da rede local de diferentes formas. Así, pódese:

    * Ver o que está a pasar nos computadores da aula, usando o modo de vista xeral e tomando capturas de pantalla.
    * Controlar remotamente computadores, para axudar aos alumnos nas súas tarefas.
    * Explicar algo concreto, doadamente, xa sexa en pantalla completa ou nunha ventá. A pantalla do profesor móstrase en tódolos computadores dos alumnos en tempo real.
    * Bloquear os computadores dos alumnos durante explicacións no encerado e outras situacións nas que se requira a atención dos alumnos fora do computador.
    * Enviar mensaxes de texto aos alumnos.
    * Facer o apagado/acendido e reinicio remoto de computadores.
    * Facer o inicio e peche remoto de sesión, así como a execución remota de comandos e/ou scripts arbitrarios.
    * Atender a clase dende casa: A tecnoloxía de rede de iTALC non está restrinxida a unha subrede local, e polo tanto, os alumnos poden unirse ás leccións vía conexións VPN, sen máis que instalar un cliente iTALC no computador da súa casa.

    Na wiki do proxecto explícannos cómo instalar o iTALC en diferentes distribucións de GNU/Linux e window$, tanto en modo máster (computador do profesor) como en modo cliente (computadores dos alumnos), e funciona en ambientes homoxéneos (tódolos computadores con GNU/Linux ou con window$) e híbridos (algúns computadores con GNU/Linux e outros con window$).

    Outras ferramentas análogas ao iTALC son:

    * controlaula, aplicación desenvolvida por José L. Redrejo para o proxecto GNU/Linex, da Junta de Extremadura.

    * Thin Client Manager, interesante para o control de clientes lixeiros, e desenvolvido dentro do proxecto Edubuntu.

    (Deixa un comentario)

    27th - November - 2007
    04:17 pm

    [Link]

    Vídeos de instalación de clientes lixeiros con Edubuntu nunha biblioteca pública
    Edubuntu é un derivado do proxecto Ubuntu para entornos educativos e similares.

    Edubuntu está composto de varias tecnoloxías que o diferencian das outras ramas do proxecto Ubuntu, e unha delas e o Linux Terminal Server Project (LTSP - Proxecto de Servidor de Terminais Linux), o cal permítenos o arrinque de clientes lixeiros sobre un servidor LTSP. Para entornos educacionais e similares, coma poden ser bibliotecas e cibercafés, LTSP supón un aforro moi considerable pola posibilidade de uso e/ou reciclaxe de computadores vellos como clientes lixeiros, así como unha reducción na carga de mantemento, pois o administrador so terá que instalar e manter o sóftware no servidor. Cando un cliente lixeiro falla, éste pode ser reemprazado por outro, sen perda de datos e sen ter que reinstalar o sistema operativo, pois os clientes lixeiros traballan sen disco ríxido ningún.

    Un dos desenvolvedores do proxecto Edubuntu, Oliver Grawert, ven de recopilar unha serie de 9 vídeos que explican cómo instalar e configurar unha rede de clientes lixeiros con Edubuntu. Os vídeos, en inglés, teñen unha duración de entre 3 e 6 minutos máis ou menos. O nº3 ten o autoexplicativo título de "Turning Trash to treasure (Convertendo lixo en tesouro)".

    (Deixa un comentario)

    28th - October - 2007
    11:20 pm

    [Link]

    Alternativas a AutoCAD
    Acabo de atopar esta páxina con proxectos de CAD para GNU/Linux, libres e privativos:

    http://www.tech-edv.co.at/lunix/CADlinks.html

    (Deixa un comentario)

    9th - October - 2007
    07:35 pm

    [Link]

    Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon: Conta atrás!

    Ubuntu 7.10 - Coming soon

    (Deixa un comentario)

    19th - July - 2007
    10:31 am

    [Link]

    Extensión do Firefox para ver miniaturas das pestanas
    En agnix atopo esta extensión que encontro ben útil:

    Firefoxshowcase.

    Con esta extensión podemos ver o conxunto de tódalas pestanas que temos abertas con so premer F12. Se queremos velas nunha pestana a parte, podemos facelo teclando CTRL+ALT+T. Existe tamén a posibilidade de vela nunha barra lateral facendo CTRL+ALT+S.

    Para acceder a unha desas pestanas so temos que premer na miniatura da pestana que queremos ver e listo.

    Podemos persoalizar o Showcase indo a Ver -> Showcase -> Opcións de Showcase... na barra de menú do Firefox.

    (Deixa un comentario)

    17th - June - 2007
    06:26 pm

    [Link]

    Nova páxina web do Congreso dos Deputados. Imos a peor.
    Xa denunciamos en Agnix e neste blog a falta de interoperabilidade da páxina do Congreso dos Deputados, da necesidade de instalar o Window$ Media Player para ver as sesións do pleno e das comisións, etc. Enviamos correos-e ao presidente, vicepresidenta primeira e varios diputados, defensor do pobo, webmáster, etc. So respostou o Defensor do Pobo. Maravilloso.

    Agora o Congreso dos Deputados ven de renovar a súa páxina.

    A nova web do Congreso dos Deputados, presentada o mércores polo presidente da Cámara Baixa (o mesmo que ignorou as nosas cartas), ven de ser recibida con duras críticas por parte de expertos en deseño e internautas, que detectaron erros cando a páxina se consulta con navegadores como Opera ou Firefox, e sinalan que o sitio non respecta varios principios de accesibilidade. A eles uniuse a Asociación de Internautas (AI), que alerta sobre varios problemas de seguridade (polo que parece, é ben doado acceder a contidos exclusivos do webmáster). Un aplauso.

    Podedes ler máis sobre esta enorme desfeita (e tamén falta de respecto aos cidadáns) no artigo orixinal. Por certo, ese artigo está publicado na páxina da Cadena Ser, que non é un modelo de interoperabilidade que digamos. De feito, os sons e vídeos non se poden escoitar nin ver en GNU/Linux. Envieilles un correo-e hai uns meses e aínda estou a esperar pola resposta.

    No blog de Andrés Nieto tedes un artigo que desmenuza polo miúdo as carencias desta páxina. É tal o patetismo que se eu fora o presidente do Congreso caeríaseme a cara de vergoña. Se aínda tes estómago, vai aquí e aquí.

    Remato coas palabras de benvida do presidente aos internautas que se acheguen á web do Congreso:

    "Uno de los objetivos prioritarios de los Diputados y Diputadas de la actual Legislatura es conseguir acercar el Parlamento a los ciudadanos; hacerlo transparente y accesible para todos. Por ello, desde aquí, si así lo desean, podrán ejercer su legítimo derecho de conocer el funcionamiento del Congreso, su actualidad en el día a día, las iniciativas presentadas, los Diputados y sus intervenciones, sus funciones y sus normas..."

    Ides por bo camiño meu. Abofé que si!

    Vivir para ver!

    [ Parece que as empresas responsables son Indra e Telefónica, cun presuposto de 14.304.113 euros (ir á páxina 10), pagado por todos nós ]

    Un apunte final: Na "nova" web do Congreso segue a ser precisa a descarga e instalación do Window$ Media Player, se queres visionar as sesións polo seu 'Canal Parlamento'. Tamén recomendan o uso de Internet ExploDer 5.0 ou superior ou Netscape 6.1 ou superior para a correcta visualización da páxina. O feito de que un 15-20% dos internautas usen o Firefox non ten ningunga importancia, non si?. Como dixo o presidente do Congreso: o obxectivo é facer o Parlamento "transparente y accesible para todos".

    (Deixa un comentario)

    11th - June - 2007
    08:52 pm

    [Link]

    Precaucións con baterías de móviles e portátiles.
    Moitos vendedores aínda dan consellos sobre baterías que por anticuados resultan perxudiciais.

    Neste artigo pode lerse como mellor tratar as nosas baterías, segundo que sexan de Litio-Ion, Niquel-Cadmio ou Niquel Metal.

    (Deixa un comentario)

    24th - May - 2007
    04:50 pm

    [Link]

    Dell con GNU/Linux (Ubuntu 7.04 "Feisty Fawn") preinstalado é xa unha realidade!
    Mercar un PC de Dell con Ubuntu 7.04 preinstalado, a distribución de Linux máis sinxela de usar, xa é posible. Así o confirmou a compañía no seu blog corporativo, Direct2Dell, no que lle pon nome e prezo aos computadores, dous de sobremesa, o XPS 410n (dende 899 dólares (uns 668 €)) e o Dimension E520n (a partir dos 599 dólares (uns 445 €)), e un portátil, o Inspiron E1505n (outros 445 €). Todos eles estarán dispoñibles nun apartado específico da súa tenda a partires da noite de hoxe.

    A empresa dará soporte para o hardware.

    Para axuda co software, os usuarios poden ir á sección de Linux do Foro da Comunidade Dell (Dell Community Forum), e tamén poderán acceder ás últimas actualizacións do equipo Linux de Dell. Tamén terán a opción de soporte de pago para o seu sistema operativo através de Canonical, con paquetes que inclúen o Paquete "Get Started", de 30 días de duración, e os paquetes "Basic" e "Standard", estes dous con soporte dun ano de duración. Tamén poderán optar polos centos de empresas que ofrecen todo tipo de soporte para Ubuntu e GNU/Linux en xeral.

    Nova publicada na web da Cadena Ser (correxinlle algúns erros que tiña acerca dos prezos dos equipos), e que fai referencia ao blog de Direct2Dell.

    (Deixa un comentario)

    18th - May - 2007
    11:54 pm

    [Link]

    FSF lanza campaña para promocionar o uso do formato ogg
    En GNU/Linux xa hai reproductores instalados por defecto que reproducen este formato libre, así coma extensión para firefox, etc. Pero en Window$ e MacO$X non.

    Para información sobre reproductores de ogg para eses sistemas operativos, pincha nesta icona:

    Play Ogg

    (Deixa un comentario)

    17th - May - 2007
    01:32 pm

    [Link]

    15 trucos para o navegador Firefox
    Vía agnix temos este artigo con 15 trucos moi interesantes para face-la navegación por internet máis doada.

    (Deixa un comentario)

    16th - May - 2007
    08:13 pm

    [Link]

    Fontes libres para substituír ás fontes privativas de Micro$oft
    Hai uns días, dúas compañeiras de traballo viñeron a dicirme que tiñan problemas co OpenOffice. Según dicían, cando editaban un documento dunhas 10 páxinas nun ordenador e o pasaban ao seu (as dúas teñen dous portátiles con Ubuntu Feisty Fawn como sistema operativo), o documento pasaba a ocupar como media páxina menos. A min parecíame rarísimo, pero despois de varias preguntas topei coa resposta: O ordenador no que editaban o texto tiña Window$ como sistema operativo, e o seu editor de textos era o maravilloso Micro$oft Word...

    Evito aquí as conseguintes explicacións sobre formatos privativos, prácticas monopolísticas, falta absoluta de espírito de colaboración, etc. En todo caso, ao fío disto, vexo hoxe que Mancomún se fixo eco da liberación das fontes desenvolvidas por Red Hat, con licenza GPL, para substituír ás fontes privativas como Times New Roman, Arial, Courier New, etc.). Se tivesen estas fontes instaladas nos seus portátiles é posible que o problema se solucionase ou mitigase.

    As fontes están organizadas en tres conxuntos:

    - Liberation Sans (un substituto para Arial, Albany, Helvetica, Nimbus Sans L e Bitstream Vera Sans).

    - Liberation Serif (un substituto para Times New Roman, Thorndale, Nimbus Roman e Bitstream Vera Serif)

    - Liberation Mono (un substituto para Courier New, Cumberland, Courier, Nimbus Mono L e Bitstream Vera Sans Mono)

    Aquí poño as instruccións para instalalas en Ubuntu (estas instruccións deberían probablemente valer para Debian ou calquera derivado desta distro ou de Ubuntu):

    Abrimos un terminal (Aplicacións -> Accesorios -> Terminal)

    Descargamos o paquete coas fontes (no escritorio, por exemplo):

    $ cd Desktop
    $ wget https://fedorahosted.org/releases/l/i/liberation-fonts/liberation-fonts-1.04.tar.gz

    Creamos un directorio, que chamaremos liberation, en /usr/share/fonts/truetype/ , e movémonos a el:

    $ sudo mkdir /usr/share/fonts/truetype/liberation
    $ cd /usr/share/fonts/truetype/liberation

    Descomprimimos e desempaquetamos o paquete coas fontes (substitúe pepito polo teu nome de inicio de sesión!):

    $ sudo tar xvzf /home/pepito/Desktop/liberation-fonts-1.04.tar.gz

    Asegurámonos agora de que as fontes pertenzan a root:

    $ cd liberation-fonts-1.04/
    $ sudo chown root.root *.ttf

    Finalmente, recargamos a caché de fontes:

    $ sudo fc-cache

    Se todo foi ben, ao abrir OpenOffice, o GIMP ou calquera outro, deberías ver que tes 3 fontes máis que antes:

    Liberation Mono
    Liberation Sans
    e
    Liberation Serif

    Feliz liberación!

    Nota: Segundo din os da empresa Red Hat na súa web, a publicación destas fontes é so unha maneira de dar as grazas a tódolos amigos da comunidade do Software Libre por todo o que fixeron para levarlles ao éxito (This is just one way for Red Hat to say thank you to all our friends in the open source community for all you have done to make us successful).

    (Deixa un comentario)

    15th - May - 2007
    05:54 pm

    [Link]

    Móstrennos o código
    Nun artigo da web da cadena ser vexo outra vez o FUD de Micro$oft, a voltas con que Linux + algunhas aplicacións libres violan en conxunto 235 patentes desa empresa declarada culpable pola UE polas súas prácticas monopolísticas.

    A resposta é sempre a mesma, e ben sinxela:

    ====== SHOW US THE CODE ======

    (Deixa un comentario)

    14th - May - 2007
    09:55 pm

    [Link]

    Axudas para a realización de proxectos de incorporación das TIC á educación
    No DOG nº 87 do luns 7 de maio de 2007 sae publicada a orde do 18 de abril pola que se convocan axudas para a realización de proxectos de innovación educativa para a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación á educación para o curso 2007-2008. Vai dirixido a todos os centros públicos do ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita convocatoria.

    (Deixa un comentario)

    30th - April - 2007
    02:57 pm

    [Link]

    Tutoriais e vídeos explicativos de OpenOffice.org
    A empresa Tegnix ven de publicar a traducción duns manuais e vídeos explicativos moi didácticos das diferentes aplicacións da suite de oficina OpenOffice.org.

    Artigo orixinal aquí.

    (Deixa un comentario)

    5th - April - 2007
    11:11 pm

    [Link]

    Grabar DVD's dos repositorios de Debian/Ubuntu
    Interesante para aqueles que non teñen conexión a internet ou teñen problemas co proxy ou calquera outro, e queren ter acceso aos repositorios offline por medio de DVD's.

    O artigo está en inglés.

    (Deixa un comentario)

    31st - March - 2007
    12:03 am

    [Link]

    A cidade alemá de Friburgo migrará a OpenOffice.org
    Suma e segue de OpenOffice.org:

    Na cidade universitaria de Friburgo, coñecida en toda Alemaña como a máis ecoloxista da República Federal e posiblemente de toda a Unión Europea, migrarán a OpenOffice.org os arredor de 2000 PC's que ten o concello, durante os próximos 2 anos. Con esta decisión pensan aforrar arredor de medio millón de euros sobre a alternativa, que sería a de actualizar a actual versión de MS-Office.

    Ademáis, adoptarán o estándar ODF, o que lles fará totalmente independentes de calquera producto ou fornecedor.

    A nova orixinal podes lela aquí.

    (Deixa un comentario)

    [<< Previous 50 entries]

    Powered by LiveJournal.com

    Advertisement