ravila ([info]ravila) wrote,
@ 2009-01-09 01:11:00
Previous Entry  Add to memories!  Tell a Friend!  Next Entry
Entry tags:agnix

Goberno do Vietnam migrará a Software Libre en tódalas axencias estatais
O Ministerio de Información e Comunicacións do Vietnam deu ordes para a migración a Sóftware Libre do 100% dos servidores de tódalas axencias estatais antes do 30 de Xuño deste ano. Tamén deu ordes da migración, no 70% deses servidores e antes do 31 de Decembro deste ano, a OpenOffice.org (ofimática), Thunderbird (cliente correo-e), Firefox (navegador) e Unikey (software de edición específico para a língua vietnamita).

Para a primeira migración capacitará ao 100% dos técnicos, e un 50% mínimo terán que ser proficientes nesta tecnoloxía para esa data. Para a segunda, capacitarán ao 70% dos técnicos, e un mínimo dun 40% dos usuarios terán que saber usar esas aplicacións de sóftware libre antes de fin de ano, e o 100% antes do final do ano que ven (2010).

Tódalas axencias deberán incrementar o uso dos estándares abertos no intercambio de documentos.

As divisións de Tecnoloxías da Información das axencias gobernamentais de Vietnam comprenden os departamentos de TI dos ministerios e axencias gobernamentais, e os Departamentos de Información e Comunicación provinciais e municipais.

A instrución pide ás asociacións de TI que asistan ás axencias estatais na implementación deste plan, e reclaman aos vendedores de computadores que non vendan PC's que leven instalado sóftware ilegal, senón sóftware libre.

Fonte: VietNamNet.




Create an Account
Forgot your login or password?
Login w/ OpenID
English • Español • Deutsch • Русский…